Thursday 19 de September de 2024

Sorteadas as mesas para as eleccións ao Parlamento Europeo do 9 de xuño


No Pleno extraordinario celebrado hoxe.

Hoxe celebrouse o Pleno extraordinario no que foron sorteadas as mesas electorais para os comicios ao Parlamento Europeo que se celebrarán o 9 de xuño.
Nos próximos días enviaranse as notificacións con acuse de recibo ás persoas elixidas por sorteo como presidentes e vogais, titulares e suplentes, das mesas que se constituirán no municipio. Cabe lembrar que a condición de membro da mesa electoral ten carácter obrigatorio e os motivos que impidan a aceptación do cargo deben xustificarse documentalmente ante a Xunta Electoral.